www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 20 de Novembro de 2018

Chega a Redondela o espectáculo musical Soy Luna
Cultura • 16/03/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O Multiúsos da Xunqueira acolle este domingo ás 17:00 horas o musical "Conoce la vida de Luna. On beat, sobre ruedas" un espectáculo inspirado nun dos maiores éxitos dos últimos anos e da actualidade. Unha proposta orientada a público familiar e especialmente a nenos e nenas de 3 a 12 anos. O prezo da entrada é de 10 euros en venda anticipada, 12 euros na billeteira.


Coidada posta en escena, cancións doadas de lembrar e moi coñecidas, principalmente entre os adolescentes e unha historia en torno a Luna, chega a Redondela este espectáculo no que se fala de amores, o cambio á adolescencia, as gañas de ser aceptada, o rexeitamento, o fenómenos fan... Xira o argumento en torno a Luna que chega a unha nova cidade e non logra adaptarse. Tratará de facelo a través da música e a patinaxe, pero non no terá doado ante a competencia de Mila.   


A obra representarase este domingo ás cinco da tarde no Multiúsos da Xunqueira.


As entradas poden retirarse no Café da Vila ou a través de internet no enderezo www.woutick.es. O prezo é de 10 euros en venda anticipada, 12 euros no propio día do evento.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: