www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 19 de Xullo de 2018

Proxección do documental Por que non cantades todas na Casa da Cultura
Cultura • 15/03/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A Asemblea feminista Paxaretas continúa coa programación do Marzo Muller e faino coa proxección da película "Por que non cantades todas" da directora redondelá Diana Toucedo. A proxección e posterior coloquio terá lugar na Casa da Cultura o venres ás 20:00 horas. A propia Toucedo estará presente na charla coloquio posterior de xeito virtual a través de skype.


Continua o Marzo Muller e faino cunha proposta de Paxaretas, unha sesión de cinefórum na que se proxectará a película da cineasta redondelá Diana Toucedo "Por que non cantades todas". Un documental etnográfico que nos amosa a relación coa música dun grupo de mulleres do lugar de Zobra na serra do Candán. "A música como memoria, experiencia e convivencia. A música coma ponte entre dúas realidades, o pasado e o presente" reflexións que atopamos neste audiovisual gravado a finais de 2013 pola cooperativa Trespés e que saíu á luz no ano 2014.


As distancias non serán un impedimento para que a directora manteña unha conversa cos asistentes, a súa presenza será virtual e ao rematar o visionado conectarse con Toucedo a través de Skype.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: