www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 22 de Xuño de 2018

Obras de mellora no complexo deportivo de Santa Mariña por valor de 46.000 euros
Institucional • 14/03/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O Concello de Redondela está a levar a cabo estas semanas obras de mellora no terreo contiguo aos campos de fútbol do complexa deportivo de Santa Mariña. Acometerase o peche do terreo, mellorase o firme o procederase a canalizar as augas pluviais para eliminalas da explanada de acceso ao pavillón.


Os traballos que se están a executar contemplan o peche da parcela con malla electrosoldada de dous metros de altura similar a existente no resto do complexo. O peche inclúen un portalón con dúas follas de dous metros de ancho situado ao carón da caseta de control de accesos. Ao carón deste portal executarase unha caseta acondicionada para xestionar a venta de entradas e realización do control de accesos dotada con instalación eléctrica. A superficie encherase con base granular de zahorra compactada.


Outra das actuacións incluídas neste investimento é a canalización das augas pluviais para eliminalas da explanada de acceso instalando un drenaxe para evitar a escorrentía das parcelas contiguas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: