www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

Charla e reparto de composteiros no Multiúsos da Xunqueira
Institucional • 12/03/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería de Medio Ambiente convoca aos veciños a unha charla que terá lugar este martes ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira na que se falará da elaboración de abono orgánico e se informará e repartirán composteiros a aqueles veciños que así o solicitaron. Dende o concello informan que aínda quedan composteiros dispoñibles. Os interesados deben solicitalos no departamento de Medio Ambiente, no 986 400300 ou no enderezo electrónico medioambiente@redondela.gal


Dende o departamento animan aos veciños a sumarse a unha iniciativa que busca diminuír o número de residuos que acaban no colector verde, unha medida que ademais de ser positiva para o medio ambiente suporía reducir o número de toneladas que anualmente acaban en Sogama e o investimento que o concello dedica ao seu trasporte e tratamento.


Para poder obter un destes composteiros será preciso cumprir unha serie de requisitos: asistencia á charla informativa sobre o uso dos mesmos, estar empadroado e con residencia en Redondela e anotarse previamente.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: