www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

O Choco visita o campo do pechacancelas
Deporte • 9/03/2018
Autor: Ana Prieto

Logo do empate da pasada xornada en Santa Mariña, os de Marcos Montes consolídanse no ecuador da táboa. Unha posición que os mantén practicamente á mesma distancia da fase de ascenso que do descenso. O domingo visitan o campo do Vilalonga, o pechacancelas do grupo. Parten como claros favoritos, pero Montes advirte que deberán xogar "ao cen por cen" para non levar sorpresas.


Terceira División


Vilalonga-Choco


Malia ter xorado a fase de ascenso en campañas anteiores, o obxectivo do Choco sempre foi a permanencia na Terceira División. A súa décima posición na táboa semella garantir esa meta, pero o técnico no se fía. Montes quere sumar canto antes os 50 puntos que lle ofrezan a tranquilidade necesaria para rematar a liga "sen nervios". O técnico advirte que os posibles arrastres de categorías superiores prexudicarían aos equipos de Terceira División, dada a complicada situación de Cerceda, Ferrol, Coruxo e Pontevedra. Por iso advirte que non deben "confiarse", teñen que seguir pelexando ao máximo nivel para acadar canto antes o obxectivo. O partido deste domingo será no campo de San Pedro, ante o Vilalonga, o pechacancelas do grupo. Os anfitrións están practicamente descendidos, pero Montes non se fía. Advirte que é un partido "trampa", xa que o rival cambiou do adestrador nas últimas semanas e pelexarán na súa casa para dar unha boa imaxe ante a súa afección. Por iso insisten que o Choco "non pode relaxarse" e ten que saír ao campo coa máxima concentración. O partido dispútase o domingo no campo de San Pedro ás 17.00 horas.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: