www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 16 de Outubro de 2018

Paxaretas convoca o I Encontro de mulleres e concentracións co gallo da folga do 8 de Marzo
Política • 8/03/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A Asemblea Feminista Paxaretas convoca na xornada de hoxe ás mulleres a participar nos diferentes actos que organizan co gallo da folga a nivel nacional. Así, facendo coincidir cos horarios dos paros haberá concentración tanto as 12:00 horas como as 19:00 na Praza da Constitución. Celebran ademais o I Encontro de Mulleres en horario de 13:30 a 15:00 e de 16:00 a 19:00 horas na Casa da Cultura. Os sindicatos do Concello animan aos traballadores municipais a sumarse a esta mobilización.


Nas concentracións que se celebran na Praza da Constitución realizaranse lecturas de textos feministas. Esta actividade está aberta a todos e todas os que queiran achegarse,


polo que se convida aos cidadáns de Redondela a que traian os seus propios textos e se animen a compartilos.


Por outra banda, celebran na Casa da Cultura o I Encontro de Mulleres da Asemblea Feminista Paxaretas en horario de 13.30 a 15 horas e de 16 a 19 horas. O obxectivo é gozar dunha actividade de convivencia e compartir a xornada de folga coas mulleres interesadas, compartir experiencias e falar sobre as nosas necesidades e expectativas, entre outros.
Explican dende Paxaretas que "entendendo que a folga de coidados non é posible realizala en todos os casos, convidamos a todas as mulleres que así o desexen a traer ás súas crianzas a este encontro. Tamén a traer comida e bebida".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: