www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 18 de Decembro de 2018

O C.D. Choco agarda máis de 60 equipos no torneo solidario de Semana Santa
Deporte • 6/03/2018
Autor: Ana Prieto

A cita será en Santa Mariña os días 29 e 30 de marzo e está dirixido ás categorías inferiores, desde prebenxamíns ata infantís. Nesta ocasión o club realizará dúas actividades solidarias ao longo do torneo: recollerán alimentos para Cáritas e recadarán fondos para a Asociación Española contra o Cáncer.


Marcos Montes, o director deportivo do club, explica que o obxectivo do torneo é "fomentar o deporte base e os valores da convivencia e a solidariedade". O evento terá como lema "Un neno, un quilo", xa que cada xogador que participe no Torneo de Semana Santa debe entregar, como mínimo, un quilo de alimentos non perecedoiros. Todo o recollido será para o grupo redondelán de Cáritas, que os destinará ás persoas con necesidade. Ademais o club habilitará varios petos en Santa Mariña cos que para realizar unha colleita de fondos colectiva entre participantes e, sobre todo, os familiares que acudan ó campo de fútbol. A recadación será para a Asociación Española contra el Cáncer, que leva moitos anos realizando actividades na loita contra esta enfermidade que afecta a milleiros de persoas. O torneo de Semana Santa celebrárase o día 29 (xoves santo) nas categorías prebenxamín e benxamín, e o día 30 (venres santo) para alevíns e infantís. A modalidade será a de fútbol 8, agás para a categoria infantil, que se inclúe por primeira vez no torneo, e que será de fútbol 11. O club organizará as dúas xornadas do torneo con 16 equipos en cada categoría, o que suma un total de 62 equipos. O Choco participará cun total de 7 equipos. Os interesados en anotarse poden dirixirse ó correo electrónico c.d.choco@hotmail.com ou poñerse en contacto con Marcos Montes, director deportivo do Choco.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: