www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

O Racing Chapela participa no Campionato Nacional de Cádiz con oito nadadores
Deporte • 5/03/2018
Autor: Ana Prieto

O Darlim Racing Chapela disputa desde hoxe en Cádiz o Campionato de España de natación para persoas con discapacidade, ao que acode con oito deportistas. Mauro González tentará bater algunha marca, como xa fixo en piscina curta.


Entre os integrantes da expedición destaca a presenza de Borja Gómez, que o ano pasado non puido participar por problemas de saúde. Viaxa a Cádiz tras converterse no primeiro ciclista con Síndrome de Down que participa nun Campionato de España de ciclocrós. Fíxoo o pasado mes de xaneiro en Legazpia (Guipúzcoa), onde disputou a carreira cadete do Nacional de ciclocrós. En Cádiz nas distancias de 50 libre e 50 costas. Pola súa banda, Mauro González competirá en 200 e 400 libre, e en 50, 100 e 200 bolboreta, coa intención de bater algunha marca de España en piscina olímpica tras facelo o ano pasado en piscina curta. Completan o equipo do Darlim Racing Chapela Enrique Sampedro (50 libre e 50 costas), Iván Lago (400 libre e 50, 100 e 200 braza), Iria Gómez Vidal (200 e 400 libre, e 100 e 200 costas), Eva María Gómez (50 libre), Daniela Montenegro e Irene Rodríguez, que nadará 50 libre, 50 braza e 50 costas. Á fronte da expedición estará o presidente do club redondelán, Enrique Carro.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: