www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 10 de Decembro de 2018

Cabo da Cruz manda en Chapela
Deporte • 5/03/2018
Autor: Ana Prieto

A traiñeira de Cabo da Cruz impúxose onte no Memorial Paco Fenosa de Chapela, no que participaron 29 barcos. Os anfitiróns competiron con catro traíñas nunha proba na que tamén estivo o club de Cesantes. En veteranos a traíña de Chapela fixo o mellor tempo.


XIII Memorial Paco Fenosa


Cabo da Cruz mostrouse onte en Chapela como a traiñeira máis forte da presente pretemporada ao adxudicarse o Memorial Paco Fenosa, unha proba de preparación que alcanzou a décimo terceira edición e que contou cun total de 29 traiñeiras cos seus 406 remeiros. A categoría con maior presencia de barcos foi a absoluta sénior. Cabo da Cruz adiantou en seis segundos a Samertolameu. A traiñeira de Meira foi a máis rápida da Ría de Vigo ao superar a Tirán Pereira, que acabou cuarta. Mecos, do Grove, obtivo a terceira praza e semella o rival de Meira na liga Galega de Traiñeiras, xa que o "Mar do Con" e o bote de Boiro compiten na liga ACT. As embarcacións femininas que participaron foron Chapela e Vilaxoán, que avantaxou ás locais en vinte segundos. Tamén estiveron os barcos mixtos de Poboa e Virxe da Guía.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: