www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

Roteiro polos xacementos arqueolóxicos de Monte Penide
Cultura • 1/03/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería de Cultura organiza este domingo unha nova propostas para coñecer o noso patrimonio arqueolóxico. Neste 4 de marzo o percorrido levará aos participantes a coñecer os enterramentos prehistóricos ao norte da necrópole de Chan das Formigas en Monte Penide/Mirallo. Unha vez máis será o arqueólogo Xurxo Constela, da empresa A Citania, o encargado de guiar o roteiro.


Unha actividade de balde que non precisa de inscrición previa. Os que queiran participar deberán achegarse o domingo ás 10:00 horas a Mámoa do Rei, lugar dende o cal partirá o percorrido.


A necrópole Chan das Formigas, tamén coñecida como Cortellos dos Mouros, atópase no límite das parroquias de San Vicente de Trasmañó e Cedeira e alí concéntranse algunhas das mámoas  máis salientables deste conxunto arqueolóxico, froito da actividade humana existente no lugar no período que vai do Neolítico ao final da idade de Bronce.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: