www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 21 de Novembro de 2018

O plan urbanístico renuncia aos polígonos industriais e aposta pola creación de zonas verdes
Institucional • 27/02/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Redondela carece de parcelas de gran tamaño conectadas con infraestruturas viarias. Un feito que leva aos redactores do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) a renunciar a posible creación dun polígono industrial no noso territorio e apostar por micro áreas nas que se concentre a actividade económica. O documento, que a partir de finais de marzo debería estar xa a disposición público, contempla ademais a creación de zonas verdes de xeito que "calquera veciño teña a menos de 500 metros da súa casa un lugar de esparexemento".


A realidade de Redondela obriga a renunciar aos grandes polígonos e apostar polos pequenos espazos nos que xa existe actividade económica neste momento. Esa é a proposta que para o noso concello recolle o borrador do Plan Xeral elaborado pola empresa Jornet Jop Pastor. "O que se fai e reforzar a actividade existente e nalgúns casos búscase que eses espazos de actividade económica sexan compatibles coa actividade residencial, onde traballo e vivenda podan coexistir" engade o arquitecto Sebastiá Jornet.


Entre os cambios máis substanciais salienta a creación de zona verde porque así o establece a normativa actual que determina 15 metros cadrados de zona verde por cada 100 urbanizables. Isto supón que se pase das 18 hectáreas recollidas nas normas subsidiarias en vigor, do ano 1988, ás 60 hectáreas que recolle o novo plan xeral. "Foi necesarios" explica Jop Pastor "integrar espazos ambientais que permitan que calquera veciño teña a menos de 500 metros da súa casa unha zona verde que serva de lugar de encontro, participación e goce do entorno natural".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: