www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 21 de Novembro de 2018

O BNG demanda a renovación do Campo de A Gándara no Viso
Política • 23/02/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O campo de fútbol da Gándara, no que adestra o club deportivo Cesantes, atópase nunha situación lamentable. "O deterioro das bancadas, vestiarios e campo de xogo, poden considerarse terceiromundista" explican dende o BNG. Por ese motivo instan ao alcalde "a cumprir coa súa palabra e proceder a renovar estas instalacións". Entenden que a convocatoria do Plan Concellos da Deputación é a mellor oportunidade para afrontar esta obra xa que se contempla para Redondela unha partida de 1.172.000 euros.


O propio Plan, engaden dende o BNG, contempla a posibilidade de plurianualidade das inversións, "cos mesmos 150.000 euros que lle pagaron a FENOSA o ano pasado con estas subvencións da Deputación, xa permitiría costear a metade da reforma do Campo, que valoramos nuns 600.000 euros", sinala.


Xoán Carlos González, afirma que sería posible un financiamento a tres bandas, Plan Concellos, achegas da Xunta, e fondos propios do Concello, co que sería posíbel unha completa renovación deste equipamento deportivo.


"O deterioro das bancadas, vestiarios e campo de xogo, poden considerarse terceiromundista, o que está a provocar o paulatino abandono da práctica deportiva por parte de nenos, e mocidade", afirma. Hai xa anos que o Club Deportivo Cesantes, vén demandando unha obra imprescindible para o futuro do club. Mesmo outras modalidades deportivas poderían xogar neste novo campo.


Malia que existe unha posibilidade real de acometer as obras, Xoán Carlos González dubida do interese do alcalde de Redondela. "Leva varios anos dándolle voltas a esta cuestión, prometendo a reforma, pero o certo é que nin sequera ten negociado coa Comunidade de Montes a cesión do actual Campo de A Gándara", trámite imprescindíbel para levar a cabo a obra.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: