www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 21 de Xullo de 2018

A Biblioteca inicia unha campaña online para conmemorar o seu 50 aniversario
Cultura • 23/02/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A Biblioteca de Redondela cumpre medio século e vaino celebrar con diferentes actividades ao longo do ano. A primeira delas xa está en marcha baixo o candelo #eubibliotecasredondela50 e serve para conmemorar este aniversario e dar a coñecer o novo carné da biblioteca.


As Bibliotecas de Redondela cumpren o seu cincuenta aniversario neste 2018, xa que en setembro de 1968 abriu as súas portas a Biblioteca P. M. Valle-Inclán nos baixos do Concello. Todo un ciclo vital que desemboca nas celebracións deste ano.


Para esta efeméride creouse un logo conmemorativo, realizado por Redemprega, no que a "mascota"das bibliotecas de Redondela, Leolo, que cumpre dez anos tamén neste 2018, é protagonista.


Ao longo do ano levaranse a cabo diversos eventos. O primeiro deles, unha divertida iniciativa que, ao mesmo tempo que conmemora o aniversario, quere visibilizar o novo carné da biblioteca, o carné único da Rede de Bibliotecas de Galicia. Para iso desde as bibliotecas pídennos que subamos unha fotografía ás nosas redes sociais: Instagram ou Facebook, onde mostremos este novo carné, etiquetando a imaxe co cancelo #eubibliotecasredondela50. Pero tamén podemos fotografarnos cos carnés antigos, como homenaxe a todos estes 50 anos de servizo das bibliotecas municipais.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: