www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 20 de Novembro de 2018

Descubrimento dunha placa na Alameda Rosalía de Castro de Chapela para celebrar o Día de Rosalía
Institucional • 21/02/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O vindeiro 24 de febreiros cúmprense 181 anos do nacemento de Rosalía de Castro, motivo polo que se elixiu dende o Concello de Redondela esa data para celebrar un acto institucional no que se descubrirá unha placa de dará nome á Alameda de Chapela, lugar que pasará a denominarse Alameda Rosalía de Castro. Será o vindeiro sábado ás 18:00 horas


Un acto institucional no que estarán presentes membros da Fundación Rosalía de Castro e representantes da corporación municipal. A música correrá a cargo da artista Najla Shami e haberá recitais protagonizados por veciñas de Redondela.


Con este acto oficialízase o acordo adoptado en pleno por unanimidade e que daba o seu apoio a unha proposta do Servizo de Normalización Lingüística no que se salientaba o oportuno de que unha figura tan representativa para Galicia tivese o seu oco na toponimia local. A nova denominación súmase tamén ao intento de dar a coñecer o nome da Alameda de Redondela que, malia o descoñecemento xeral, chámase Alameda Alfonso Daniel Rodríguez Castelao dende hai décadas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: