www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 19 de Outubro de 2018

A viaxe de Rosalía chega ao Multiúsos de Chapela da man da titiriteira Larraitz Urruzola
Cultura • 20/02/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Un espectáculo de monicreques sobre Rosalía de Castro, onde a narradora e titiriteira, Larraitz Urruzola sube ao escenario cargada de maletas con monicreques, teas, zapatos e libros para lles achegar aos máis cativos a obra Rosaliana e algúns dos momentos da vida desta insigne artista Galega. Unha actividade organizada polo Servizo de Normalización lingüística o venres ás 18:00 horas.


Enmarcada dentro do programa Apego chega a Chapela esta nova actividade dos "Venres Cativos". Trátase dun espectáculo de monicreques sobre Rosalía orientado a nenos e nenas a partir dos cinco anos.


Sobre o escenario Larraitz Urruzola, actriz e creadora de propostas escénicas para público infantil desde o ano 1989, é a encargada de achegar esta historia na que manexa diferentes técnicas de manipulación de títeres baixo a dirección de Lucho Penabade.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: