Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 14 de Agosto de 2018

Os empresarios reclaman un vial polo litoral de Chapela que conecte directamente coa autoestrada
Sociedade • 16/02/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O presidente da Asociación, Enrique Lago, xunto con alcalde, Javier Bas e outros membros do goberno local, reuníronse co presidente e técnicos da Autoridade Portuaria para tentar avanzar na apertura dun ramal pola costa que comunique directamente a rúa José Fernández, coñecida como Baixada a Pescanova, con saída á altura dos piares da Ponte de Rande e acceso directo a AP-9. Un proxecto que de levarse a cabo daría servizo ás empresas que se atopan no litoral de Chapela e suporía eliminar o tráfico pesado que sufre o casco urbano desta parroquia.


Enrique lago está convencido de que a alternativa é viable e consistiría en abrir un vial dende a zona de Pescanova ata a Ponte de Rande, con acceso directo á AP-9. Esta medida xunto coa desaparición "esperemos que en breve" da peaxe en Rande sería a solución a todos ese tráfico de camións que soporta tanto a zona da Alameda de Chapela como o Alto da Encarnación.


"Serviría para dar unha saída ao tráfico das empresas asentadas no litoral e dar unha resposta a todos eses veciños e asociacións de Asociación que desexan que se elimine o paso de camións pola Avenida de Vigo.


Unha idea que lle trasladaron aos responsables da Autoridade Portuaria nunha reunión na que "os enxeñeiros alí presentes se comprometeron a analizar a proposta e trasladarnos a súa viabilidade técnica".


Dende o Colectivo empresarios tamén promoven "habilitar un vial cara a Vigo dende a zona costeira de Chapela ata a Riouxa en Teis "sería unha actuación de tan só 100 metros que beneficiaría unha zona que se atopa pouco desenvolvida pero que precisa tmaén da involucración do Concello de Vigo".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: