www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Setembro de 2018

O Choco organiza un torneo de Semana Santa
Deporte • 16/02/2018
Autor: Ana Prieto

O Club Deportivo Choco abriu o prazo de inscrición para o torneo de Semana Santa de fútbol base que organizará en marzo, nas vacacións de Semana Santa, os días 29 e 30, nas instalacións de Santa Mariña. O evento é totalmente de balde para os equipos que decidan participar. Está dirixido a categorías inferiores desde prebenxamín ata infantil de primeiro ano.


Como novidade desta edición, a entidade de Redondela aposta por dar o paso cara o fútbol 11 e incorpora a categoría para infantís de primeiro ano, que xogarán a todo campo. Será o segundo día do torneo, no que tamén disputarán os seus partidos os alevíns de fútbol 8. O evento comezará o xoves 29 coas categorías benxamín e prebenxamín, que o ano pasaron tiveron un enorme éxito tanto pola participación de futbolistas como pola presenza de afeccionados. O Choco organiza este torneo como fomento do fútbol base e tamén para inculcar os valores de amizade e respeto que deben primar nas categorías inferiores. Por iso, invita a todos os participantes a manter unha rivalidade deportiva e vivir unha fermosa xornada de convivencia de fútbol e familia. Para anotarse ou solicitar máis información poden facelo a través do correo eléctronico c.d.choco@gmail.com.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: