www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Xullo de 2018

Charla sobre a vespa asiática
Sociedade • 15/02/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A Casa da Cultura de Soutomaior acolle este sábado ás 19 horas unha charla de carácter práctico ante a problemática da vespa velutina. Unha actividade que correrá a cargo da Asociación de defensa dos polinizadores de Galicia Depolgal. O concello organiza esta actividade dentro das accións encamiñadas a eliminar esta especie invasora, da que se retiraron máis de 150 niños. Tamén se está a repartir, a aqueles que o soliciten, trampas e cebo líquido.


Trátase de unir esforzos mediante a acción educativa e a aplicación de estratexias didácticas para loitar contra esta nova especie invasora coñecida como a vespa asiática.


Por iso, o Concello e a Asociación de defensa dos polinizadores de Galicia " Depolgal" e coa colaboración de Agro Arcade impartirán esta charla despois de realizar unha similar hai uns


Estes insectos son unha ameaza para as poboacións autóctonas de vespas e outros polinizadores indispensables para a boa marcha e conservación do medio ambiente.


Así mesmo, as súas picaduras supoñen un perigo para as persoas, especialmente para aqueles que son alérxicos.


Con estas charlas búscase ensinar á poboación a tomar as medidas oportunas para previr os prexuízos reais que poden carrexar.


O Concello de Soutomaior leva tempo traballando neste problema e logrou eliminar por medios municipais máis de 150 niños de velutina así como a entrega, a quen o solicitou, de trampas e  cebo líquido


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: