Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 14 de Agosto de 2018

Homenaxe a Lois Obelleiro no Multiusos de Arcade
Política • 14/02/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O Multiúsos de Arcade acolle o vindeiro 24 de febreiro un acto homenaxe no que se presentará o libro "Lois Obelleiro: compromiso e loita" cando se cumpre o X cabodano do pasamento do dirixente nacionalista. No acto estarán presentes á portavoz nacional do BNG Ana Pontón así como diferentes dirixentes históricos do nacionalismo galego.


O BNG presentará o vindeiro 24 de febreiro no multiusos de Arcade o libro Lois Obelleiro:compromiso e loita. O volume que está editado pola fundación Terra e Tempo, será presentado na homenaxe nacional organizada polo BNG de Soutomaior no X cabodano do pasamento do dirixente nacionalista  na que teñen confirmada a asistencia varios dos principais dirixentes históricos e actuais do nacionalismos galego.


No acto de homenaxe que empezará ás 20.00 horas intervirán ademais do presidente da fundación Terra e Tempo Roberto Vilaméa, a xornalista María Obelleiro en representación da familia, o portavoz municipal do BNG en Soutomaior Manu Lourenzo e a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. O acto contará tamén coas actuación musicais do deputado do BNG e fundador dos grupos A Quenlla e de Fuxan os Ventos, Mini Rivas acompañado de Navia Rivas,  e coa intervención dos músicos Quico Obelleiro, Lorena Reinaldo e Demetrio Jorge.


Os actos de homenaxe concluirán cunha cea que terá lugar no castelo de Soutomaior e á que poderán apuntarse calquera veciño poñéndose en contacto cos representantes do BNG. 


Unha homenaxe xusta e merecida coma poucas para unha persoa que forma parte da historia de Soutomaior e do Nacionalismo Galego" en palabras do portavoz municipal do BNG Manu Lourenzo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: