www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 20 de Xullo de 2018

Ocasións do Choco, goles do Alondras
Deporte • 12/02/2018
Autor: Ana Prieto

Os de Marcos Montes perderon no Morrazo por 2-0 un encontro no que, por xogo e ocasións, mereceron moito máis. Jonás foi o autor dos dous goles locais. Na Segunda Autonómica o filial impúxose ao Nigrán. Na Terceira División de fútbol sala o Campito goleou ao rRibeira e o Pazos empatou en Culleredo.


Terceira División


Alondras CF 2-0 CD Choco


O dominio nos primeiros compases correu a cargo do Choco, que saiu a presionar aos anfitrións. Os cangueses non tiñan tanta continuidade no xogo, pero cando enfiaba unha serie de pases consecutivos, creaba perigo. Puido adiantarse o Choco cun disparo de Vilas, que bateu no pau. Pouco despois o Alondras abriu o marcador cun gol de Jonás de cabeza, que se adiantou a Cortegoso. O Choco, con todo, seguiu buscando a portería rival, sobre todo por banda esquerda. Comís en dúas ocasións, volveu dispor de dúas boas ocasións, un lanzamento foi desviado por Martín, outro sacouno Varela. Houbo unha terceira ocasión clara antes do descanso, cun remate de Lucas que detivo Martín. Tras o descanso o Choco seguía buscando a posesión do balón e a portería dos cangueses. Volveron ter ocasións para a igualada: un centro de Comesaña por banda dereita, que desviou Pablo Couñago. O Alondras tentaba matar o partido canto antes, e Vilas tivo outra ocasións nun man a man que enviou fóra. Finalmente, no minuto noventa, Jonás de novo, facía o segundo na, para certificar definitivamente a sufrida vitoria dos locais. Inmerecida derrota que deixa ao Choco na 10º praza da táboa. O domingo recibirán ao Noia, un rival en postos de descenso, moi necesitado de puntos.


Segunda Autonómica


Choco B 3-2 Nigrán


O filial ascende á 3ª posición da táboa, en postos de promoción de ascenso, logo de impoñerse ao Nigrán. A próxima xornada xogarán no campo do Teis, no ecuador da táboa.


Cuntis 2-1 Arcade


Iván e Javi marcaron para o Cuntis. Lucas reduciu distancias ao final, peron no foi suficiente para sacar nada positivo por parte dos de Soutomaior, que seguen como segundos, en postos de ascenso directo, pero agora máis afastados do líder. O domingo xogan en Chan do Vilar ante o Figueirido, pechacancelas do grupo.


Terceira Autonómica



Chapela 6-1 Racing Vilariño


O Chapela sobe á 3ª praza logo da goleada sobre o Racing Vilariño, o pechacacelas do grupo. Teñen o ascenso directo a tres puntos. O domingo xogarán en Coia, no campo do Balaídos, que é 6º, con tres puntos menos que os redondeláns.


Peña Beretes 1-5 Balaídos


O Peña Beretes Chapela non se despega da parte baixa da táboa logo da goleada recibida ante o Balaídos. O domingo xogarán no campo do líder, o Gondomar.


Club Peñasco 2-1 Vilar


O Vilar mantense en postos de promoción de ascenso malia a derrota ante o Club Peñasco. O domingo recibirán ao Lavadores, segundo na táboa, e claro aspirante ao ascenso directo.


Cesantes, xornada de descanso


Os de Redondela, na 4ª posición, regresan á competición o día 18, no campo do Salcedo B, o colista.


Soutomaior, xornada de descanso


O Soutomaior, no 6º posto, recibe o próximo día 18 ao Cotobade, que é 5º.


Fútbol Sala Terceira División



Campito 4-0 Ribeira


Os de Chapela impuxéronse a un dos equipos fortes da liga, e mantéñense nunha cómoda situación na táboa. O sábado xgarán no pavillón do Bueu, cos do Morrazo dous postos por baixo dos de Chapela. Os de Iago Fernández suman oito puntos máis ca o Bueu no que vai de liga.


Culleredo 4-4 Pazos


Os de Fran Amoedo non foron quen de pasar do empata no encontro disputado en Culleredo, a onde viaxaron con varias baixas. Manteñen o 2º posto, xamáis lonxe do líder, e o sábado reciben ao Vila de Cee, equipo situado na metade baixa da táboa.


Autonómica Sur



As Neves 5-8 Redondela


Os redondeláns conseguiron unha importante vitoria nas Neves, coa que se manteñen fóra dos postos de perigo. O sábado terán na casa un rival máis complicado, reciben ao Red blue Vigo, 3º clasificado do grupo.


Beade 6-3 Arealonga


O Arealonga segue como pechacacelas logo da derrota na pista do Beade. Esta próxima fin de semana teñen xornada de descanso.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: