www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 26 de Maio de 2018

Chapela aborda os problemas do tráfico pesado e da humanización da Avenida de Vigo
Sociedade • 8/02/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A Asociación de veciños convoca unha reunión este venres no Multiúsos do Piñeiral do Crego ás 20:00 horas para abordar as alternativas posibles de cara a eliminar o elevado paso de camións polo centro da parroquia. Na asemblea falarase tamén dos problemas que, segundo din, están a provocar as obras de humanización na principal arteria da parroquia. Outro dos asuntos incluídos na orde do día é a futura eliminación da tarxeta verde e as medidas a adoptar no caso de que os usuarios do Vitrasa queden sen a actual bonificación no prezo das viaxes.


Aseguran que a situación na Avenida de Vigo é de "caos permanente". Neste sentido critican que a "humanización" supuxera a retirada da totalidade das árbores agás uns poucos que quedaron na Alameda e critican que se perderan numerosas zonas de aparcamento sen que dende o Concello se dotara a zona de estacionamentos alternativos.


Enumeran outros prexuizos consecuencia desta obra como a redución no número de farois de alumado público ou que as beirarrúas non estean adecuadas para a entrada de carriños de bebés.


Os veciños critican que nesta actuación non se contemplara a retirada da circulación "dos centos de camións de gran tonelaxe malia a propostas da Asociación de Veciños de Chapela de que se lle dese saída a ese tráfico pesado a través do vial de Aucosa". Neste sentido lembran que dende a directiva da asociación xa se puxeron en contacto cas empresas da zona as cales mostraron a súa dispoñibilidade a esta alternativa "sen que a Autoridade Portuaria e o Concello deran prioridade a mesma".


Cuestións estas que se abordarán na reunión que convocan para este venres día 9 e que se celebrará ás 20:00 horas. Na mesma estudarase tamén a situación dos usuarios do Vitrasa pendentes de que se lles dea dende o Concello de Vigo e Redondela unha alternativa para que poidan seguir beneficiándose das bonificación nese transportes urbano unha vez desapareza a tarxeta verde e entre en vigor a Pass Vigo, accesible exclusivamente para os empadroados en Vigo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: