www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 18 de Novembro de 2018

Un paseo pola Redondela medieval e moderna
Cultura • 7/02/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería de Turismo convida esta fin de semana a veciños e visitantes a coñecer o casco urbano da vila acompañados dunha guía profesional. As propostas para este sábado e domingo pasan por achegármonos ao pasado medieval do noso concello así como lembrar o pasado máis próximo que nos deixan os vestixios dunha Redondela moderna marcada pola camisería Regojo. Inscricións no teléfono 667 401 909.


A guía Soledad Chayán será a encargada nesta fin de semana de acompañar a todos aqueles que queira facer un percorrido por Redondela cunha ollada diferente. A proposta do sábado, que partirá ás 19:30 horas dende a Caseta de Turismo na Alameda convida aos participantes a coñecer a historia do medievo en Redondela.


O Domingo, tamén as 19:30 horas pero con saída dende a Rúa Pai Crespo ao carón do viaduto vello, a proposta é coñecer a historia de Redondela dende a Idade Moderna ata o século XX.


Unhas actividades de balde pero nas que compre inscrición previa no teléfono 667 401 909.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: