www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 26 de Maio de 2018

O BNG critica a incoherencia de PP e PSOE tras votar en Vigo a favor do transvase do Verdugo
Política • 7/02/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Os estudos técnicos amosan que esta proposta é totalmente innecesaria, inviable e cun impacto ambiental moi negativo, xa que este transvasamento provocaría un grave dano ecolóxico que afectaría ás correntes, á erosión, a fauna acuática e a produción marisqueira dentro dunha zona protexida pola Rede Natura. Malia todo, PP e PSOE de Vigo acordaron instar á Xunta realizar pola vía de urxencia o transvase do Verdugo ao encoro de Eiras, unha decisión que o BNG cualifican de irresponsable.


Para o BNG o resultado desta votación pon de manifesto a incoherencia do PP e do PSOE, o votar de forma distinta no concello e no parlamento galego. Lembran dende a formación nacionalista que diante dunha iniciativa presentada polo seu grupo no parlamento galego, instando a Xunta a paralizar o transvase, o PP votou en contra e o PSOE abstívose. "En Redondela o propio alcalde, Javier Bas, comprometeuse a que os servizos xurídicos do Concello denunciaran este transvasamento".


De todo isto falarase nunha charla informativa o vindeiro venres 16 ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Redondela coa intervención do voceiro da Plataforma en Defensa do Verdugo (Pladever) e o voceiro do BNG, Xoán Carlos González.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: