www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 20 de Xullo de 2018

Xaneiro arranca con máis paro na comarca
Sociedade • 6/02/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O inicio do ano non deixa boas sensacións en canto aos datos do desemprego en Redondela e comarca. Así, no peche do pasado mes o número de inscritos nas oficinas do paro ascendía a 1.935, trinta e dúas persoas máis que no peche do 2017. Incremento tamén en Soutomaior, onde se inscribiron 22 persoas e en Fornelos con tres novos parados. Practicamente sen  variación no caso de Pazos de Borbén, localidade no que o número de desempregados descendeu lixeiramente.


Arrancou o ano e fíxoo cun novo incremento no número de parados na nosa comarca. Foron 56 as persoas que se anotaron nas listas dos servizos de emprego, das cales 32 son veciños de Redondela. No noso concello o número de parados ascende así ata as 1.935 persoas.


Incremento tamén en Soutomaior que encadea cinco meses de subas consecutivas, sendo a día de hoxe 665 as persoas desempregadas, 22 máis que no mes anterior. Tamén lixeira suba en Fornelos, con 176 parados, tres máis que no mes de decembro. O único descenso atopámolo en Pazos de Borbén, aínda que a caída é mínima. Tan só unha persoa se tería borrado desta lista do paro na que seguen inscritas 334 persoas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: