www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 20 de Xullo de 2018

Investigan un vertido de 27 rodas no Monte de Cedeira
Sociedade • 5/02/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería de Medio Ambiente fai un chamamento á cidadanía para que informen no caso de que teñan algún dato sobre o autor ou autores deste vertido. Unha acción vandálica que atenta contra o medio ambiente nun espazo de especial interese como é Monte Penide e que se suma a outras accións semellantes e reiteradas en distintos puntos do municipio. A semana pasada mobles e bobinas de gran tamaño aparecían noutro vertido ilegal no Camiño dos Frades en Quintela.


A aparición de 27 rodas no Monte de Cedeira por desgraza non é aillada. Así o asegura o concelleiro de medio Ambiente, Miguel Ángel Álvarez quen explica que nos últimos tempos téñense detectado varios puntos de vertidos incontrolados nese monte. Depósitos ilegais de cascallos e restos de obra, coches queimados e todo tipo de residuos que os desaprehensivos van deixando con total impunidade en espazos de tanto intereses e valor como Monte Penide.


Pero non son os únicos detectados nas últimas semanas. Hai tan só uns días tamén detectaban no Camiño dos Frades na parroquia de Quintela un depósito de lixo con mobles e bobinas de gran tamaño.


Unhas accións que se repiten por diferentes parroquias segundo denuncian os veciños e cuxos autores son moi difíciles de localizar. Con todo, dende o Concello fan un chamamento á colaboración cidadá e advirten que os infractores se enfrontan a multas importantes no caso de seren localizados.


Álvarez Ballesteros denuncia tamén outras actuacións ilegais con respecto ao tratamento dos residuos e que teñen consecuencias para o peto de todo: o vertido de cascallos de obras no contedores verdes. Unha acción que se traduce en que estes restos acaben nos camións con destino a Sogama. Ao pagar o concello en función dos kilos de lixo retirado iso supón un incremento importantes do que se lle paga á empresa que se encarga da xestión do lixo.


Tropa Verde


Por outra banda, o edil convida a todos a participar da iniciativa Tropa Verde que busca precisamente concienciar na necesidade da reciclaxe. Faino cunha iniciativa que premia aos que xestionan correctamente os residuos. Este martes realizarán unha acción de rúa que se desenvolverá entre as 10:00 e as 14:00 horas ás portas do Concello na que se entregarán funís para a reciclaxe de aceite, bolsas de compra ou mesmo camisetas e paraugas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: