www.radioredondela.com | Hoxe é Sábado, 23 de Febreiro de 2019 |
AER critica o "desinterese" do goberno local na mellora do proceso de elección do Persoeiro do ano
Política • 2/02/2018
Autor: M. X. Queimaliños A Agrupación de Electores anuncia que non participará na elección e designación da persoa á que se lle outorgará esta distinción municipal. Critican que malia terse solicitado a súa colaboración para mellorar o proceso de selección, o goberno non teña recollido ningunha das seis achegas feitas dende AER que buscaban "un regulamento máis participativo" e que estas homenaxes contaran cun apoio social máis amplo. Explican deste esta formación que no 2017 e a petición da propia Concellería de Cultura achegaron diferentes propostas que buscaban modificar o regulamento de elección do persoeiro do ano e facelo máis participativo. Entre as súas achegas formularon a necesidade de que o recoñecemento non fora exclusivamente a unha persoa concreta e que se puideran propor colectividades ou entidades relevantes, promover a participación nese proceso dos consellos municipais existentes así como de todo tipo de entidades, asociacións e institucións. Tamén aconsellaban que previo ao inicio do proceso de elección o Concello difundise as diferentes propostas de xeito obxectivo, documentado e equitativo e que se estableceran as oportunas canles para que a participación veciñal fora maior no proceso de votacións. Aseguran que ningunha desta propostas foi recollida polo Concello que convocou recentemente a elección do persoeiro do ano 2018 sen ter en conta as achegas dos grupos da corporación, motivo polo que anunciar que non participarán neste proceso.
|
Comentarios |
|
|