www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 18 de Novembro de 2018

Paco Nogueiras presenta na Biblioteca de Soutomaior o seu novo traballo Radio Bulebule
Cultura • 31/01/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O cantante presenta o seu novo espectáculo musical orientado a público familiar cun concerto que terá lugar na Biblioteca de Arcade o vindeiro xoves día 1 de febreiro ás 17:30 horas. 12 temas integran este novo libro-disco que se inspira no medio radiofónico.


Logo do éxito de Brinca vai! que, tras su publicación como libro-cd-dvd deu lugar a varios espectáculos cos que o compositor e intérprete percorreu festivais, escenarios e escolar de toda Galicia, chega unha nova proposta musical para o público infantil, Radio Bulebule.


O medio radiofónico inspira as 12 cancións deste novo libro-disco. Os temas dispóñense a modo de grella de programación dunha particular emisora. Ritmos modernos e bailables que queren conectar cos nenos e que se poderán escoitar este xoves día 1 na Biblioteca de Arcade ás 17:30 horas. Entrada de balde para un espectáculo recomendado a rapaces e rapazas a partir dos 5 anos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: