www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 18 de Novembro de 2018

Roteiro para coñecer e visitar a contorna do "mellor banco do mundo" situado en Cedeira
Cultura • 31/01/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Son moitos os que cada día e sobre todo na fin de semana achéganse a Monte Penide para se facer unha foto sentados no que para moitos é "o mellor banco do mundo". Con todo, a súa localización non é doada. O vindeiro domingo os que teñan interese por visitalo teñen a oportunidade de participar nun roteiro que organiza a Concellería de Cultura e que permitirá coñecer o lugar coas explicacións do arqueólogo Xurxo Constela.


Con esta actividade arranca unha xeira de roteiros que se van desenvolver nos vindeiros meses e que buscan poñer en valor e dar a coñecer o patrimonio cultural e paisaxístico do noso concello.


A primeira das cita será este domingo con saída ás 10:00 horas dende o merendeiro da Poza da Lagoa en Monte Penide. Os participantes, guiados polo arqueólogo da empresa A Citania, achegaranse aos restos prehistóricos existentes no Coto Fenteira, onde se atopa o "mellor banco de Redondela".


As seguintes andainas está proxectadas para o 8 de marzo, cunha visita ás mámoas do norte da necrópole de Chan das Formigas en Cabeiro e o8 de abril un percorrido polos muíños do río Fondón en Trasmañó.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: