www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 18 de Novembro de 2018

A Coral Polifónica de Soutomaior aposta pola música pop
Cultura • 30/01/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O seu novo disco "Sorriso de Burbullas" inclúe varias pezas de pop moderno arranxadas para o xénero coral e foi gravado durante o pasado concerto de fin de ano. O concerto de presentación, celebrado esta pasada fin de semana, contou coa participación das corais de Entenza e Santa Eulalia de Mos.


A idea é afastarse un pouco do repertorio tradicional das corais e atraer á xente máis nova con cancións máis modernas, explica o director da coral, Javier Comesaña, que engade que son pezas dos anos 70, 80 e 90, de pop lixeiro moi agradable de escoitar. Son cancións que gustan aos mozos porque as coñecen e sorpréndelles que un grupo coral as interprete.


Un dos motivos que impulsaron a inclusión desta clase de temas no repertorio da formación é a idade media dos participantes, moi por baixo da habitual nesta clase de agrupacións, xa que moitos non chegan nin os 30 anos.


A orixe da Coral polifónica de Soutomaior remóntase aos anos 70, cando a agrupación naceu como un coro parroquial. Hoxe en día conta con 20 membros procedentes, principalmente, do Concello de Soutomaior.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: