www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 25 de Maio de 2018

Chapela non cesa nas súas demandas: acceso á AP-9 en Torres de Padín e pantallas acústicas
Sociedade • 29/01/2018
Autor: M. X. Queimaliños

"Gañamos unha batalla pero non a guerra ao lograr a liberalización da peaxe en Rande", aseguraban os convocantes da concentración que reunía no Centro de Saúde de Chapela a uns 400 veciños o pasado sábado. Por ese motivo entenden imprescindible continuar coa mobilización na rúa, unhas protestas que son as artífices ao seu entender do logros acadados ata o de agora pero con moitas reivindicacións aínda pendentes como o tan reclamado tramo urbano da AP-9 dende Vigo a Torres de Padín, a colocación de pantallas acústicas e a reposición de servizos. Tamén esixen a Fomento prazos concretos sobre a retirada da peaxe.


As asociación de veciños de Teis e Chapela adiantaron que as mobilizacións continuarán nos vindeiros meses "porque é o único xeito de que as administracións e Audasa atendan as nosas demandas". Peticións reiteradas que se volvían escoitar na concentración do sábado e entre as que destaca a necesidade de abrir accesos e saídas a AP-9 en Torres de Padín. Cunha proxección na fachada do Centro de Saúde puxeron de manifesto a diferente situaciòn da autestrada en Vigo respecto doutras cidades como A Coruña, Santiago e Ferrol nas que esta autoestrada actúa como circunvalación.


Outras reclamación pasa por humanizar a parroquia, repoñer servizos e colocar as tan demandadas pantallas acústicas que minimicen o ruído que padecen os veciños polo constante paso de vehículos por esta vía.


O presidente do colectivo, Marcial Pérez lembrou que este tipo de mobilizacións na rúa serve para facerse escoitar "non é casual que convoquemos esta protesta e anuncien a reunión da comisión de seguimento da AP-9 opara esta mesma semana cando leva case un ano sen se convocar".


Unha protesta que contou coa presenza de concelleiros e representantes dos grupos políticos da oposición.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: