www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 22 de Setembro de 2018

Redondela inicia o proceso de elección do Persoeiro do Ano
Cultura • 25/01/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería de Cultura anima a asociación e colectivos a presentaren os seus candidatos a recibir esta distinción municipal. Os requisitos que debe cumprir a proposta é que sexa unha persoa real, xa falecida, nada ou vinculada de maneira clara con Redondela e que tivera destacado nas áreas das artes, as ciencias, as letras, na cultura ou a filantropía. O Persoaxe elixido será o protagonistas de diferentes actos durante o presente ano para dar a coñecer a súa persoa.


A través deste procedemento búscase a elección dun personaxe de importancia singular en aspectos da vida do municipio, pondo en valor a súa traxectoria, accións ou éxitos en calquera área, co fin de compartir o coñecemento sobre a súa persoa, construír unha identidade propia como municipio a través das vidas destes homes e mulleres, e fomentar os valores polos que destacaron para impulsar a convivencia e a cultura en Redondela.


Este procedemento iníciase facendo chegar comunicación escrita aos diferentes entes, colectivos e asociacións relacionadas dalgunha maneira co legado cultural de Redondela, para que presenten as propostas a este candidatura. O único que teñen que facer é achegar dita  candidatura acompañada dunha memoria describindo os aspectos máis destacables do candidato/a que se propón e presentar este escrito no rexistro xeral do concello de Redondela, ( tamén nas oficinas municipais e rexistro de Chapela).


Nos anos anteriores lembrar que se nomearon Persoeiros do ano a Casto Sampedro, Alejandro Otero, Rita Otero, Telmo Bernárdez e Paulina Sanchez.


Este procedemento está regulado por unha ordenanza municipal que actualmente está en estudo para a súa modificación nalgúns aspectos importantes, e que unha vez modificada e aprobada dará unha nova visión e un impulso máis directo para que os cidadáns e cidadás de Redondela participen na súa elección.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: