www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 23 de Maio de 2018

Condenado un veciño de Ventosela por construír un terceiro andar sen contar con licenza
Sucesos • 25/01/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O propietario dun chalé na parroquia de Ventosela deberá facer fronte a unha multa de 1800 euros  así como demoler o terceiro andar da súa vivenda. O implicado declarouse culpable da autoría dun delito contra a ordenación do territorio logo de chegar a un acordo coa fiscalía que establece tamén unha condena de 18 meses de cárcere. A pena de prisión queda suspendida coa condición de restituír á legalidade.


A vista celebrou no Xulgado do Penal número 2 de Vigo e o acusado chegou a un acordo coa Fiscalía admitindo así que construíu unha vivenda de trens andares, sendo o terceiro ilegal porque carecía das licenzas e permisos que establece a normativa. O acordo establece que o implicado deberá proceder a derrubar o piso ilegal e deixar a vivenda con só do dúas alturas tal e como estaba autorizado no proxecto inicial.


Deste xeito o propietario da vivenda terá que repoñer a legalidade e abonar 1.800 euros de multa para eludir o cárcere, xa que o acordo establece tamén unha pena de 18 meses de prisión.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: