www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 26 de Maio de 2018

O Choco incorpora a Xian González
Deporte • 25/01/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O futbolista, procedente do Céltiga, chega para cubrir a baixa de Gándara. Por outra banda, o Choco mantén aberta o concurso da campaña de abonados desta tempada. Todos os socios do club que retiraron o seu carnet para o presente curso poden aspirar a gañar unha camiseta de xogo ou unha de porteiro. Para facelo deben adiviñar o número de tempadas que acumula David Cortegoso na entidade. As respostas deben enviarse a chocomedios@gmail.com xunto cos datos do abonado.


Tras unha longa busca, o Choco pechou a incorporación do lateral esquerdo Xian González Rodríguez, un futbolista vigués, que procede do Céltiga. Este xogador incorpórase ó equipo de Marcos Montes para cubrir a baixa de Francisco Gándara, que deixou a formación por motivos laborais o pasado 8 de xaneiro.


Xian formouse no Vigo 2015 de fútbol sala e no Val Miñor de fútbol, de onde marchou tras finalizar a etapa xuvenil ó Pontellas. O xogador, de 20 anos, comezou esta tempada no Céltiga no que acumula dez partidos, seis como titular. O xogador zurdo caracterízase pola súa proxección ofensiva e, de feito, na etapa xuvenil disputou moitos minutos na posición de extremo. "É un futbolista zurdo, con percorrido e con bo golpeo do esférico. Ten proxección", explicou o adestrador do Choco, Marcos Montes.


Con esta incorporación, o Choco eleva a 19 o número de futbolistas dispoñibles para a segunda volta do campionato en Terceira División. O mercado invernal deixou a saída de Alberto Castiñeira, Gándara e Iago Paz. No capítulo de entradas, regresou Carlos Rodríguez "Caloi" e agora chega Xian González.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: