www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 22 de Outubro de 2018

Fomento acepta liberar a peaxe de Rande pero non dá prazos
Institucional • 23/01/2018

Este é o principal compromiso fixado na reunión da Comisión de Seguimento da AP-9 celebrado este martes. Agora o ministerio terá que comezar as negociacións con Audasa pero polo momento o secretario de Estado de Infraestruturas non estableceu ningún prazo para que a supresión se faga efectiva. A eliminación da peaxe será compensada coa tarifa que se paga no resto da autoestrada.


A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, encargada de facer o anuncio á saída da xuntanza celebrada en Madrid, asegura que se trata de "unha boa noticia" xa que se eliminará a peaxe aos usuarios "Vigo-Redondela e Redondela-Vigo". Explicou que unha vez que Fomento aceptou a supresión da peaxe, agora o ministerio terá que empezar unha fase negociadora coa concesionaria para abordar como polo en práctica. Ethel Vázquez engadía que dende a Xunta "queremos unha fórmula viable para que os usuarios non paguen esa peaxe nunha comarca tan competitiva" e amosou a súa satisfacción porque Fomento se comprometa a buscar unha alternativa para atender á demanda dos veciños de Chapela e Vigo.


O secretario de Estado de Infraestruturas, Julio Gómez-Pomar apuntou que a intención é que a liberalización da peaxe se custee co “ financiamento global “ da Autoestrada do Atlántico, polo que irá "en relación coas tarifas xerais" que pagan os usuarios e que se fará de xeito progresivo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: