www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Xullo de 2018

A nova senda peonil e ciclista entre Amoedo e Pazos mellora a seguridade viaria
Institucional • 23/01/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Trátase dun itinerario de 820 metros de estrada que conectará o fin do núcleo de Amoedo, onde se atopa a zona empresarial, co inicio do núcleo de Pazos, preto xa da Casa do Concello. As obras contan cun investimento de 220.000 euros e melloran a seguridade nunha estrada que carecía de beirarrúas e que era moi transitada por numerosos peóns e ciclistas.


O Goberno galego iniciou estes traballos, cun investimento de 220.000 euros, no último trimestre do ano pasado nun treito de 820 metros de estrada que carecía de beirarrúas e que era moi transitado por numerosos peóns que se vían na obriga de circular polo beiravía ou polos carrís de circulación. Coa execución desta senda existirá un itinerario peonil continuo entre estes dous núcleos urbanos de Amoedo e Pazos de máis de 2 quilómetros, xa que estas dúas poboacións contaban anteriormente con algúns treitos de beirarrúas.


O itinerario será de uso mixto, para peóns e ciclistas non deportivos, e contará cun ancho de 2,5 metros. A maior parte da actuación transcorre nunha zona interurbana que contará ademais cunha zona verde de 0,50 metros, bordo de 0,22 metros e gabia de seguridade de formigón de 1,20 m. Nos treitos de zona urbana, continuarase tamén coa senda mixta de 2,5 metros.


A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, supervisaba onte as obras desta nova senda peonil.


A Xunta aproveitou os traballos para repoñer unha pista forestal afectada polo desmonte da nova senda ademais de deixar instalado - baixo o itinerario- o colector para augas residuais e para o futuro alumeado público, respondendo así a unha solicitude do Concello.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: