www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Novembro de 2018

A SAR Rodavigo logra unha complicada vitoria en Valladolid
Deporte • 22/01/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Non era doado, pero novamente as xogadoras do equipo feminino da SAR lograron facerse co partido na súa visita ao campo de La Cistérniga. Encontro que remataba co resultado de 31-34 e que deixa ás de Redondela na terceira praza da categoría. O Cíes Chapela pola súa banda caían pola mínima en Xixón (25-24). En primeira nacional masculina derrota para o Chapela ante o Luceros (35-27) e importante vitoria para a SAR que vencía por 28-23 ao Camariña e logran afastarse do descenso.


As xogadoras da SAR Rodavigo lograron repoñerse ao longo desprazamento que as levou ata o pavillón de La Cistérniga en Valladolid e facerse co partido. Un marcador de 31-34 que deixa ao equipo de Elisardo Covelo "Chini" na terceira praza da categoría. Posición que o sábado vindeiro defenderán na Bomboneira. Reciben ao Camargo, situado na sexta praza.


O  Cíes Obras Civil Chapela deixou escapar os puntos no campo do Xixón, tan só un gol, 25-24 supuxo a derrota do equipo local que se sitúa na décima posición. Reciben tamén o sábado no pavillón de Chapela a un rival directo, o Asmubal, situado na decimo segunda posición


Primeira nacional masculina


Derrota do Chapela na pista do Luceros. Os de Fran Teixeira arrancaron esta segunda volta na primeira nacional cunha derrota inesperada na pista do Luceros por 35-27. Os do Morrazo, malia atoparse na parte baixa da táboa lograron facerse cos puntos en xogo, unha situación que deixa aos de Chapela a oito puntos do líder e a cinco da segunda praza situados na quinta posición. Na próxima xornada reciben ao Teucro, equipo que pasa pro unha situación difícil situados nos postos baixos da táboa.


Pola súa banda, a SAR Plastic Omnium acadou esta fin de semana unha importante vitoria ante o Conservas Boya de Camariñas, vitoria que lle permite abandonar os postos de descenso. Un partido disputado no campo de Santa Mariña no que os visitantes, malia atoparse mellor posicionados na táboa, non lograron sorprender aos de Redondela que controlaron en todo o momento o partido e acadaron a vitoria por 28-23.


Partidos o vindeiro sábado entre dous equipos moi necesitados de puntos O Rasoeiro, situado no penúltimo posto da clasificación e a SAR, decimo terceiro do grupo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: