www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 20 de Setembro de 2018

O Choco rende unha homenaxe a Molinos
Deporte • 19/01/2018
Autor: Ana Prieto

O Choco xoga mañá sábado en Santa Mariña ante o Barco, e o club aproveitará a ocasión para realizar unha homenaxe á traxectoria de Nacho Molinos. O futbolista, que militou 16 anos na entidade choqueira, optou o pasado verán por dar por finalizada a súa etapa no primeiro conxunto do club ós 32 anos.


Tercera División



Choco-Barco


O Choco adianta esta semana o seu partido correspondente á vixésima segunda xornada na Terceira División á tarde do sábado, na que recibirá o equipo ourensán do Barco en Santa Mariña (17:00). O club de Redondela aproveitará a ocasión para realizar -no descanso- unha merecida homenaxe á traxectoria de Nacho Molinos. O futbolista, nado en Redondela, pasou 16 anos na entidade e exerceu nos últimos anos de capitán do equipo. Un exemplo de constancia e traballo, optou o pasado verán por dar por finalizada a súa etapa no primeiro conxunto do club ós 32 anos. Agora, a entidade de Redondela quere recoñecer a andaina dun futbolista que deixou unha fonda pegada no terreo futbolístico e, sobre todo, no persoal. Por outra banda, o Choco ten a baixa confirmada de Comis para o duelo ante o Barco ourensán. O centrocampista foi expulsado por dobre cartón amarelo na anterior xornada e non poderá estar ante a entidade de Valdeorras. Deste xeito, Marcos Montes conta con 17 xogadores para o encontro. O Choco, na novena praza e aínda con opcións de pelexar polos postos de play off, busca un resultado positivo ante o Barco, firmes en postos de promoción.


Segunda Autonómica


Louro-Choco B


O filial debe acadar un resultado positivo no Porriño se non quere descolgarse dos postos altos da táboa. O Choco B é agora 5º, e o Louro está un posto por baixo dos redondeláns.


Arcade - Atl. Cuntis


Os de Soutomaior están na 3ª praza, e o domingo disputan un partido trascendental, xa que reciben ao At. Cuntis, 2º na táboa, un punto por diante do Arcade.


Terceira Autonómica



Pereiró - Chapela


O Chapela na 4ª praza, e empatado co 2º e 3º clasificados, xoga no Monte da Mina ante o Pereiró, cos vigueses tan só un punto por baixo.


Vilar-Moledo


O Vilar, que caeu á 6ª praza logo da derrota no derbi, recibe ao Moledo, equipo máis frouxo, na metade baixa da táboa.


Cesantes- Atl. Estación


O Cesantes, na 4ª praza, recibe ao seu inmediato perseguidor, o Atl. Estación, que é 5º, malia que os pontevedreses están a 3 puntos de distancia.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: