www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Xullo de 2018

Cita co Cocido no día grande das Festas de San Vicente de Trasmañó
Sociedade • 18/01/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A parroquia redondelá celebra esta fin de semana as festas patronais que inclúen citas relixiosas, musicais, verbenas, propostas para os máis pequenos, unha concentración de coches clásicos e a IX edición da festa do cocido, que terá lugar o domingo 21. As persoas interesadas deben reservar os seus tickets chamando aos teléfono 663 17 69 51 ou 670 884 419. Tamén poden adquirilos na cafetería O Rodeo en Rande.


Que mellor proposta para unha fría xornada dominical no mes de xaneiro que degustar un bo cocido. Iso é o que pensaron os organizadores desta cita gastronómica hai xa nove anos. Unha proposta exitosa que atrae edición tras edición a máis público e que permite aos comensais degustar un completo cocido, baixo unha carpa climatizada "como se estivera nun restaurante, servido por camareiros profesionais e sen ter que agardar".


Degustas o cocido é unha das propostas que nos deixa o programa de festas que arranca este mesmo sábado cunha concentración de coches clásicos ás once da mañá e degustación de callos. Pola tarde haberá cucañas e xogos populares así como a actuación do grupo de animación infantil Rivel a partir das 17:00 horas. A xornada pecharase coa verbena amenizada polas orquestras Pontevedra e Marbella.


O domingo arrancará cos pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Tirapuxa que actuarán novamente na sesión vermú prevista para as 12:30. Estarán acompañados a esa hora pola gaitas As Choliñas de Chapela, o grupo Asubios de PortoCedeira e as pandereteiras Ledicia de Trasmañó. A continuación arrancará a degustación do cocido e a orquestra Televisión será a encargada de pechar a xornada.


A festa chegará aos seu remate o luns, día de San Vicente.    


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: