Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Agosto de 2018

Aberto o prazo para inscribirse no desfile de comparsas de Soutomaior
Cultura • 16/01/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O desfile de comparsas terá lugar o sábado 18 de febreiro con saída ás cinco da tarde da Rúa Calvario e percorrido polo casco urbano de Arcade ata a Alameda Talo Río, lugar no que se celebrará unha festa de entroido que contará con música en directo. Os interesados en participar no desfile deberán facer a súa inscrición antes do xoves 8 de febreiro no Concello da localidade.


As comparsas participantes deberán gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario como na súa actuación. Non se considerarán como comparsas con dereito á inscrición e participación aquelas que repitan o seu disfrace de anos anteriores. O número máximo de comparsas participantes no desfile é de 15 que se elixirán por rigoroso orde de solicitude de inscrición no rexistro xeral do Concello. Os grupos participantes no desfile deberán ter un mínimo de 30 compoñentes.


O desfile partirá da Rúa Calvario ás cinco da tarde do día 18 de febreiro para percorrer a continuación as rúa Xosé Solla, Rosalía de Castro e remate na Alameda Talo Río onde haberá unha festa de entroido.


A inscrición farase nas Oficinas do Concello de Soutomaior, en horario de 9:00 h a 14:00 horas. As axudas pola participación no desfile oscilarán entre os 400 euros para aquelas comparsas que superen os 40 integrantes e os 100 euros que recibirán as agrupacións de entre 30 e 40 euros que non leven nin carroza nin megafonía propias. No caso de contar con estes elementos recibirán 300 euros.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: