www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 22 de Xuño de 2018

Concentración contra a violencia de xénero
Sociedade • 15/01/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellaría de Muller e Igualdade convoca este luns día 15 ás 19:30 horas unha concentración en contra da violencia de xénero correspondente ao mes de xaneiro mostrando así o seu rexeitamento contra a violencia de xénero e calquera outra forma de violencia e a súa concienciación da loita contra esta lacra social. O acto incluirá ademais da propia concentración a lectura dun texto que será colleita, neste mes, do Centro cultural de Cedeira.


Como símbolo gardarase un minuto de silencio e procederase á colocación dunha lona en contra da violencia de xénero no balcón do Concello dende primeiras horas do día.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: