www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 24 de Xuño de 2018

Os Reis Magos repartirán 2.000 quilos de caramelos, tamén aptos para celíacos e diabéticos
Sociedade • 4/01/2018
Autor: Ana Prieto

A cabalgata das Súas Maxestades de Oriente sairá mañán as 18:00 horas de Vilavella e realizará o seu percorrido habitual polas rúas centrais de Redondela. Melchos, Gaspar e Baltasar tamén recibirán aos nenos que o desexen na Casa do Concello.


No seu percorrido os Magos de Oriente irán botando caramelos, como é tradición. Entre os que se repartirán este ano, un total de 2.000 quilos, hainos aptos para celacos e para diabéticos. O Belén Vivente instalarase nos soportais do Concello ás 18 horas. As Súas Maxestades faranlle a ofrenda de ouro, incienso e  mirra á súa chegada ao Concello, antes da recepción real. Todos os nenos que o desexen poderán falar cos Reis e facerlle as súas preticións. Para facer a espera máis cómoda, diante do Concello instalouse unha carpa para que os pequenos e os maiores poidan agardar para a recepción sen mollarse. Segundo a concelleira Ángela Antón, a previsión meteoróxica é favorable, xa que non se agardan chuvias para a tarde.


Rondallas e Ranchos de Reis   


Na mañá do sábado o protagonismo será para as Rondallas e Ranchos de Reis. Un total de nove agrupacións participarán no desfile, entre elas o Bando de Reis Airiños da Peneda, do Viso. Tamén repite Santa Eulalia de Mos, con moi boa acollida entre o público, ao igual que a Rondalla de Ponteareas, a de Santiago de Parada, Santiaguiño de Guizán, Tralovalo de Soutomaior, Peña Freixo de Valadares, Rondalla de Beade e Rancho de Reis das Cortellas. Sairán ás 10.30 horas da praza da Farola, con desfiles polas rúas do centro de Redondela ata o mediodía.


Festa no pavillón


A programación de Nadal rematará o domingo, cunha festa intantil no pavillón de Redondela. Unha actividade que xa se realizou no pavillón de Chapela, onde foi todo un éxito de participación. Haberá actividades para nenos de todas as idades, con obradoiros, inchables, karaoke, xincanas, esgrima, tiro con arco e touro mecánico, entre outras. A festa comezará ás 17.00 horas e rematará ás 20.30, e o prezo da entrada é de 2 euros.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: