www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Xullo de 2018

Javier Bas confirma que non asistirá á inauguración de Rande
Política • 29/12/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O alcalde de Redondela declinou a invitación do Ministerio de Fomento para asistir á inauguración de mañá sábado da ampliación de Rande. Explica Javier Bas que "non se entendería que estivera inaugurando algo que está ser acabar" en referencia ás obras pendentes en Chapela. Argumenta tamén o alcalde o malestar existente no goberno local ante "as continuas escusas " por parte de Fomento para non convocar a Comisión de seguimento das obras "que non se reúne dende febreiro".


O acto de inauguración que terá lugar mañá ás 11:30 horas na área de servizo do Morrazo estará encabezado polo presidente do goberno, Mariano Rajoy. Un acto ao que non asistirán sen embargo varios alcaldes. Os rexedores de Bueu, Cangas, Moaña e Vilaboa confirmaban nas últimas horas de non participarían da inauguración e tampouco o fará o alcalde de Redondela, Javier Bas. Os motivos para rexeitar esta invitación son varios "por unha banda porque sempre estivemos en contra da ampliación pero, sobre todo, porque inaugurar esta obra sen que se teñan realizadas as actuacións comprometidas con Chapela non ten sentido".


Malia confiar no compromiso de Fomento en que se van investir máis de 11 millóns na construción do novo colexio, na colocación de pantallas acústicas e na reposicións de servizos e camiños "non se entendería que estivera inaugurando algo que para nós non está acabado, é unha obra incompleta ata que se fagan as actuacións previstas en Trasmañó e Chapela".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: