www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 21 de Maio de 2018

O Festival de Nadal de Lenda recada fondos para un usuario que perdeu a súa casa polo lume
Sociedade • 28/12/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O Multúsos da Xunquiera acolle este venres ás 20:30 horas un festival de Nadal de marcado carácter solidario. O que se recade coas entradas será entregado a Oscar Gil, un usuario do centro residente nas Neves que no pasado mes de outubro viu como a súa vivenda e parte da súa vida era devorada polas lapas.  Dende a asociación Lenda acordaron doar o que se recade mañá a este usuario para axudalo neste complicado momento. Par iso contan coa colaboración dos grupo RMS, Os Mércores Musicais, Cha, cerveja e Violäo, O Circo de pulgas e os organizadores do evento, A Rondalla de Redondela.


Dende hai dous meses Oscar Gil reside nunha vivenda en Ponteareas que lle facilitou a administración logo de ver como a súa casa, no concello de As Neves, era calcinada polos incendios forestais de outubro. "Saíu da casa coa documentación na man e pouco mais, perdeu todo o que tiña e queremos botarlle unha man para axudalo a comezar de novo" explica un dos membro de Lenda, Jaime Figueroa.


O obxectivo e que todo o recadado no festival de Nadal que se celebra mañá e cuxas entradas están a venda no Café da Vila e na propia sede de Lenda a un prezo de 6 euros, servan para que Oscar poida aló menos comprar o máis necesario para volver a normalidade. "Está pendente das axudas prometidas pola Administración para os afectados polos lumes, pero os trámites van lentos e queremos achegar esta axuda para que poida xa iniciar a reconstrución da súa casa".


Un festival solidario cargado de música graza á participación desinteresada de cinco formación de Redondela: o grupo RMS, Cha, Cerveja e Violäo, O Circo de pulgas, a propia formación de Lenda, Os mércores musicais e os organizadores de todo o evento, a Rondalla de Redondela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: