Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Agosto de 2018

O pavillón de Chapela acolle o V Torneo de Nadal Memorial Gerardo Méndez
Deporte • 28/12/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Os encontros en categoría masculina e feminina disputaranse durante a xornada de hoxe xoves e mañá venres. Con estes torneo, que celebra a súa quinta edición, o club lembra ao seu adestrador falecido hai cinco anos.


Na mañá de hoxe xogarán todas as escolas deportivas que pertencen aos colexios, xunto aos equipos de benxamín do propio Club. Xa as doce disputarase o partido aprazado entre o Balonmán Chapela e o equipo da Cañiza en categoría benxamín. Pola tarde, dende as catro ata os oito será quenda para a categoría mixta, coa particpación de dosu equipos de Chapela e dous da Sar.


Mañá pola tarde haberá tamén varios encontros de categorías infantil e cadete feminino e de infantil masculino.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: