www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 20 de Maio de 2018

A SAR gaña o Memorial Víctor Lis
Deporte • 26/12/2017
Autor: Ana Prieto

 

O Club Balonmán Seis do Nadal celebrou no pavillón de Coia o décimo Memorial Víctor Lis, torneo en recordo do que foi porteiro do Sedona fai máis dunha década. Hoxe comeza en Redondela o seu Torneo de Nadal de categorías base, III Memorial Juan Bouzón, que se prolonga ata o venres.


O evento, celebrado a pasada fin de semana, comezou cun partido de exhibición dos xogadores benxamíns do club organizador e a continuación enfrontáronse os equipos de Primeira Nacional masculina Seis do Nadal e SAR, con vitoria para o conxunto redondelán (27-32). A competición completouse co encontro entre o Magope Seis do Nadal e o Carballal, equipos de División Prata feminina, no que se impuxeron as anfitrioas por só dous tantos (35-33).


III Memorial Juan Bouzón


 


O club redondelán arranca hoxe co seu IV Torneo de Nadal, o III Memorial Juan Bouzón, que remata o venres día 29. Celébrase no pavillón da Marisma e na Bomboneira, coa participación de todas as categorías inferiores, desde os benxamíns ata os xuvenís. Participan os dous equipos locais, SAR e Chapela, e tamán o Seis do Nadal, Octavio, Carballal, Teucro, Cañiza, Rasoeiro e a selección galega de infantís. Os partidos dispútanse desde as 9.30 ata as 20.00 horas nos dous pavillóns.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: