www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 17 de Outubro de 2018

Arranca a ludoteca do Nadal
Sociedade • 22/12/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A Casa da Cultura en Redondela e o local de Agarimo en Chapela acollen dende hoxe un programa de lecer para os nenos durante as vacacións do Nadal. Os horarios serán de 18:00 a 20:00 h agás o 26 e 27 que será de 17:00 a 19:00 h, xa que ás 19:00 h teremos cinema infantil no multiusos de Redondela (o 26) e de Chapela (o 27) coa proxección da película O Apóstolo. No caso de Redondela a actividade prolongarase ata o 4 de xaneiro, mentres que en Chapela rematará o día 31. As actividades previstas para os día de NoiteBoa e Fin de ano serán de mañá, de 11:30 a 13:30.


Os rapaces participarán de actividades de manualidades, xogos ao aire libre, cociña ou mesmo a visita dun Minion. O obxectivo é dar a pais e nais unha alternativa para que teñan onde deixar os seus fillos mentres realizan as súas compras no comercio local.


Os participantes recibirán ademais a visita de papa Noel e da Coca Simona.


Esta programación complétase cos pavillóns do Nadal o 30 en Chapela e o 7 de Xaneiro en Redondela, onde teremos esgrima, tiro con arco, inchables, baile, karaoke, manualidades.. O horario será de 17:00 a 21:00 h e por suposto a tradicional cabalgata de Reis, o día 5 ás 18:00 horas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: