www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 21 de Novembro de 2018

Contacontos na Biblioteca con Olga Cuervo
Cultura • 22/12/2017
Autor: M. X. Queimaliños

As bibliotecas de Redondela, malia teren as súas instalacións pechadas ata o vindeiro 2 de xaneiro debido ao cambio de xestión informática que están a levar a cabo, organizan hoxe unha actividade lúdica para os cativos cun contacontos na sala infantil do Multiúsos da Xunqueira ás 18:00 horas.


A encargada de realizar esta proposta de dinamización á lectura é Olga Cuervo cun contacontos que leva por nome "De pequenos a grandes". Unha iniciativa organizada polas bibliotecas e a Fundación Filomena Rivero Alonso.


A entrada é libre e de balde.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: