www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 20 de Setembro de 2018

Un camión formigoneira envorca na N-555 e obriga a corta a estrada do aeoroporto
Sucesos • 22/07/2009
Autor: M. X. Queimaliños

O sinistro produciuse á altura de San Estevo de Negros e obrigou a cortar o vial que comunica o centro da vila con Peinador mentres se realizaban os traballos de limpeza 



O accidente producíase na mañá de onte na estrada que comunica Redondela con Peinador á altura da parroquia de Negros. Un camión formigoneira dunha empresa de Vilar envorcou nunha curva e colisionou contra un muro dunha propiedade privada sen ocasionar feridos.


O condutor do camión saíu ileso do accidente que si provocou retención na estrada mentres se realizaban os traballos de limpeza e retirada do vehículo da vía.


Esta é a segunda vez que se produce un sinistro semellante no mesmo punto da vía. Os veciños teñen denunciado en máis dunha ocasión a excesiva velocidade coa que circulan os camións pola estrada a pesar das súas numerosas e pronunciadas curvas.


Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: