www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 25 de Xuño de 2018

Papa Noel visita Redondela subido nun descapotable
Sociedade • 21/12/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Na tarde de venres e sábado poderase ver polas rúas de Redondela a Papa Noel subido nun ford Meteor convertible que irá percorrendo as rúas entre as 17:00 e as 20:30 horas con paradas no Salgueiral, na Rúa Reveriano Soutullo e na rúa General Rubín. Unha actividade de dinamización do comercio local organiza pola Asociación de Empresarios de Redondela.


A animación de rúa contará este ano como protagonista a Papa Noel que se paseará pola vila de Redondela nun flamante Ford Meteor convertible de cor vermello. Coa colaboración dos comercios asociados instalaranse distintos Tronos para recibir a visita de Papa Noel nos que se irá parando ao longo de toda a tarde.


A visita de Papa Noel será o venres 22 e o sábado 23 en horario de 17:00-20:30h e visitará todos os recunchos da vila estando previsto que os comerciantes de Vilavella os reciban na rúa Salgueiral, os comerciantes de Reveriano Soutullo e rúas anexa o recibirán na praza deste mesmo nome e na Praza de Alejandro Otero e os comerciantes da Rúa General Rubín o recibirán ao pe desta mesma rúa. Papa Noel espera poder recibir a todos os nenos da vila e anuncia que virá cargado con caramelos colaboración de Abanca e a Asociación de Empresarios.


Os tronos contarán cunha decoración especial na que os Nenos poderán realizar fotos de recordo con Papa Noel.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: