www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 21 de Xullo de 2018

Árbore de Nadal colectiva e obradoiro de camisetas na praza Reveriano Soutullo
Cultura • 20/12/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O colectivo Artelixo organiza este xoves unha actividade colectiva na que se busca compartir con grandes e cativos a realización dunha árbore de Nadal e reflexionar conxuntamente sobre o consumo  local e responsable. Realizarase tamén un obradoiro no que se transformará unha camiseta nunha bolsa de tea. O xoves ás 17:00 horas na praza Reveriano Soutullo.


Dende Artelixo animan aos veciños a achegarse e participar desta iniciativa que se vai desenvolver na tarde de mañá xoves. O único requisito para participar é levar bolsas de plásticos, que serán reutilizadas para a decoración da árbore de Nadal, e camisetas que no obradoiro reconverteranse en bolsas de tea.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: